Mugardos – Castelo da Palma
Serie Sons da Costa Mugardos – Castelo da Palma Dende o Castelo da Palma escoitanse perfectamente as embarcacións entrando saindo da ria a pescar, cos seus motores de combustión sonando a salitre, case como queixandose por ter que traballar un día maís. En terra, as follas dos eucaliptos parecen chorar meneadas polo vento da ria. De cando en vez, algúns turistas aparece cos seus autos, recordando que a civilización non anda moi lonxe. De fondo, impertérritas, as pequenas ondas do mar da ria, acariñando suavemente as beiras do Castelo.
Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os micros traseiros.