Muxia – Porto de muxia
Serie Sons da Costa Muxía – Porto de Muxía Apenas coñecemos que estamos nun porto. Ausencia total de sons procedentes do mar. Algúns paxariños cantan posados nas arbores do parque, e alguns paisanos pasean pola porto. Algún coche que pasa, paseniño, paseniño, case sen facer barullo. As veces, pero moi polo miudo, escoitamos algunha onda traviesa que parece querer recalamar o espacio sonoro que en propiedade lle corresponde. Ata as gaivotas case non se atreven nin a aparecer. Paisaxe sonora atípica para un porto marítimo importante como o de Muxía.
Gravado cunha gravadora portatil da marca Zoom, modelo H2, empregando os micros traseiros en disposición de 120 grados.