Praza de María Pita

Serie dia de paseo na Coruña. A praza de maria pita é moi grande para ser enchida polas voces da pouca xente que saliu de paseo. Alguns grupos de papas charlan tranquilamente parados, mentres os rapaces corren dun lado para outro xogando sen parar. De fondo algún vehiculo despistado que tenta entrar nunha praza que hai tempo é peatonal. A sensación xeral é de tranquilidade.

Grabado cun ZOOM H2 cos microfonos estereo internos que están en posición de 120 grados.