Sigras – Cruce
Serie Madrugando. Cruce de Sigras. Un lugar que normalmente é sonoramente insufrible pola cantidade de tráfico que soporta, a estas horas da maña ainda amosa certo grado de tranquilidade por momentos que fan que os sons do tráfico se entremezclen co gorgoxear dos paxaros. Percíbese perfectamente o ritmo dos semaforos do cruce: roxo, verde, roxo, verde, arriba, abaixo. Ausencia total de sons de orixen humana.
Gravación realizada cos microfonos internos dunha videocamara domestica Panasonic NV-GS27. O formato de recollida foi miniDV co audio a 48.000 Hz e 16 bits en estereo. Transferiuse posteriormente de xeito dixital a un equipo Wintel para o seu postprocesado. Renderizouse a mp3 co lame empregando o preset