Video: Audio-Acción Armas Sónicas. HackLAB

1 junio 2007

Texto orixinal:
La música como tortura / La música como arma
Suzanne G. Cusick
Traducción:
Sebastián Cruz y Ruben Lopez Cano
Publicación:
Transcultural de Música/Transcultural Music Review
#10 (2006) ISSN:1697-0101

Fotos/Pics: Audio-Acción Armas Sónicas, MARCO, Vigo

TEXTOS LEÍDO NA AUDIO-ACCIÓN:

- As armas acústicas foron desenvolvidas por contratistas que traballan para o departamento de defensa dos EEUU.

- No 1997 creouse a Agrupación Común de Armas Non-Letais.

- O desenvolvemento de armas acústicas representou un tercio do presuposto da agrupación entre o 98 e o 99.

- O primer contrato para este tipo de armas firmouse o 18 de Novembro do 98. Nesa data, Synetics Corporation produciu un raio de alta precisión de infrasons que pode producir incapacidades ou a morte.

- No 99 Maxwell Technologies patentou o Hipersonic Sound System, outro aparello de alta precisión deseñado para controlar multitudes.

- O mesmo ano a Primex Fisics International patentou o Acoustic Blaster e o Xenerador Acústico de Descarga de Arco Secuencial.

- A American Thecnologhy Corporation desenvolveu despois do ano 2000 o o LRDA, un aparello Acustico de Longo Alcance que é capaz de proxectar unha franxa de son de 15 grados de ancho a un promedio de 120 DB. Ten un alcance de 500 a 1000 metros.

- Os LRADs foron os medios cos que a compañía PsyOps número 361 preparou o campo de batalla para a toma de Fallujah. Foi en Novembro de 2004. Bombardeouse a cidade con música, supostamente coas cancións “Hell Bells” e “Shoot to trhill” de Metallica.

- En maio de 2003 a BBC informou que o exército de EEUU utilizou “Enter Sandman” de Metallica e “I love you” de Barney nas interrogacións de detidos iraquies. Repetíanse as cancións unha e outra vez a alto volume dentro dos containers de transporte de presos.

- A música ensordecedora é habitualmente dirixida a un detido, encadeado nunha posición de stress, nun espazo completamente escuro, moi quente ou moi frio.

- Nos anos 50 os contratos de investigación concentráronse en tres areas:
1) O goberno Canadiano financiou unha investigación na universidade de McGill que exploraba o impacto devastador da privación e da manipulación sensorial; do ruido continuo (a alto volumen ou non) e do contrario, o illamento sonoro; 2) a CIA financiou estudos en Cornell e Yale sobre os efectos da dor autoinducida (que posteriormente incluiría as posicións de stress, e escenarios que provocaban humillación persoal, sexual ou cultural); 3) a CIA financiou investigacións en Yale sobre a capacidade de persoas ordinarias para causar dor letal noutros.

- Este sistema moderno de tortura con son é moito máis efectivo que golpear ou facer sufrir de fame. Acada a desistegración psicolóxica en días, en vez de semanas ou meses. Ademáis resulta sumamente difícil de documentar; estas técnicas non deixan marcas visibles na superficie carnosa do corpo. .
.
.
VIDEO