Visita da Agrupación Amigos do MARCO a Escoitar.org
O pasado sábado día 28 de abril a Agrupación Amigos do MARCO visitou o Laboratorio de Audio do MARCO. Despois de limpar os oídos e tomar conciencia da importancia do son nas nosas vidas fixemos un paseo sonoro pola cidade tratando de escoitar aqueles sons que identifican a Vigo. Foi unha mañá estupenda.
Grazas a todos pola vosa enerxía.
Antes do paseo sonoro entregamos un texto que define o que é un paseo sonoro. Vai a continuación:
«Un paseo sonoro é un método empírico proposto por R. Murray Schafer para identificar unha paisaxe sonora dunha localización específica. Nun paseo sonoro suponse que te moves a través dunha area xeográfica limitada, cos teus oidos tan abertos como te sexa posible, rexistrando tódoslos sons ambientais que podas ouvir […]»
Wikipedia Soundwalk
«Segue ós teus OUVIDOS. Os paseos sonoros son en esencia bastante simples –un camina e escoita. Poden realizarse en calquera momento, en calquera lugar. Podes practicalos sen coñecemento (quizás camiñando alén da tua porta e ‘seguindo os teus propios ouvidos’) ou podes organizar un paseo público plantexado con unha ruta e unha guía. En calquera caso, os paseos sonoros son un xeito de te introducir a ti mesmo e ós demaís no acto consciente de escoitar o teu propio contorno sonoro.
Falando con propiedade, existen dous tipos de paseos. Un paseo sonoro anima a quen o realiza a facer soar ou a vocalizar nese espacio promovendo a interacción cos obxetos e co seu contexto (por exemplo percutindo nunha árbore caida ou berrando para escoitar o eco). Un paseo de escoita require que simplemente escoitaes e fagas o mínimo son posible durante o paseo. Hay outros derivados incluindo a aplicación dun antifaz combinado con otras actividades deribadas da escoita, como os mapas sonoros”. (Wagstaff, Gregg “Soundwalking»
Gregg Wagstaf Soundwalking (fragmento de «Dartmoor Soundwalks Earshot No.2, The Journal of the U.K. & Ireleand Soundscape Community, December 2001) eContact!
«Abra a porta do lugar no que vive, saia e escoite. Camiñe e escoite. Deténgase e escoite. Doble na próxima esquina e escoite. Atope un lugar favorito no seu vecindario e escoite. Non fale con ninguén. Siga camiñando e escoite.
Escoite
as voces
mentras camiña.
Escoite
as pausas.
Escoite”
Hildegard Westerkamp Paseo sonoro desde el hogar ( Publicado orginalmente en: The New Soundscape Newsletter, Nr. 4.) Citado on-line en Eumus
VIDEO DA VISITA