A «Escultura Escoitadora» de Escoitar.org

3 diciembre 2007

Fartos das Esculturas Sonoras estáticas e románticas Escoitar.org constrúe unha «Escultura Escoitadora» vivinte no Parque de Bonaval de Santiago de Compostela.

Foi dentro das actividades do taller que o Colectivo ofreceu no CGAC (Centro galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela do 20 ó 30 de novembro de 2007.

MÁIS ACTIVIDADES NO CGAC

No mes de xaneiro de 2008 Escoitar.org coordina unha xornada de conferencias co título «Cartografías da escoita. Son e lugar» e que contará coa participación de, entre outros, Bill Fontana, David Toop, Carmen Pardo, Hildegard Westerkamp, Jean-Paul Thibaud, José Luis Carles ou John Levack Drever. Máis adiante, en febreiro coordinará tamén un ciclo de cine documental e de ficción titulado «Audiovisions: unha historia social da música», que terá o son como eixo central: THEREMIN: AN ELECTRONIC ODYSSEY (1994), TOUCH THE SOUND (2004), KILL YOUR IDOLS (2004), TOKYO NOISE (2002) ou EL GRAN SILENCIO (2005) serán algúns dos títulos que poderanse ver neste ciclo.