Benvido ó espazo de documentación de Escoitar.org

17 agosto 2006

A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero. No século XX asistimos a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística…). Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben. Por esta razón, a actitude cara ó son dun lugar non só debe ser positiva, se non que débese estudar para identificar aqueles compoñentes que merecen a pena conservar, ou, incluso, restaurar. Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar.org”, como materia bruta para a posterior análise cultural, para a creación artística e para suscitar debate e cooperación na rede.

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes.

Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable.

Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (online) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica ; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático.

Con este fin desenvolveuse un software adicado á publicación libre de paisaxes sonoras (Social Soundscapes) que permite a cualquera usuario participar subiendo audio ao sistema e colocalo automáticamente no lugar xeográfico no que ten sido grabado (o patrimonio sonoro consensuado). Este é o principal obxetivo deste proxecto cuxo espazo de documentación estás vendo.