Equipo

28 julio 2006

EQUIPO PRINCIPAL DE TRABALLO

Chiu Longina (contactar)
Antropólogo (Univ. Complutense, Madrid). Estudos de Musicoloxía (Univ.da Rioxa). Artista sonoro e creador de espacios acústicos. Co-coordinador das propostas sonoras do Festival de Arte Sonora IFI de Pontevedra (Fac.Belas Artes/Pazo da Cultura), membro do colectivo SINSALaudio de Vigo, da Asociación Alg-a e do Centro de Creación Experimental de Conca, na Facultade de Belas Artes da Universidade de Castilla La-Mancha. Co-editor e co-coordinador na rede de Mediateletipos.net e de Artesonoro.org.

web persoal : chiu longina

Berio Molina (contactar)
*Nado na Fonsagrada (Lugo (Galicia)) en 1979.
*Membro da comunidade de arte e acción libre alg-a.
*Membro do equipo de desenvolvemento de escoitar.org.
*Foi membro do colectivo de performances Flexo dende 1999 ata 2004.
*Membro do equipo de producción do festival IFI nos anos 2002, 2003 e 2004.

performance, audio, instalación, interfaces interactivas

web persoal : www.berio.alg-a.org

Horacio González (contactar)
Lic. En Bellas Artes, programador e coordinador do Festival de Arte Sonora IFI (Fac. Belas Artes de Pontevedra), membro do equipo de desenvolvemento do proxecto de Paisaxe Sonora en Galicia Escoitar.org.

web persoal : horacio gonzález

Juan-Gil Rodríguez (contactar)
Musicólogo pola Universidade de Oviedo. Desenvolveo diversas investigacións tanto no campo da etnomusicoloxía e a música popular urbana, como no da música contemporánea, traballando nos últimos anos no ámbito interdisciplinar da música e as artes plásticas –Espacio Permeable-. Ademáis da súa actividade dentro da crítica musical –Mundo Clásico e La Opinión- participou nos proxectos de investigación 100 años de la Biblioteca América (Vicerrectorado de Cultura e Servicios á Comunidade Universitaria, USC) e Raices musicales (Secretaría de Ciencia y Técnica y Posgrado de la Universidad Nacional de Cuyo, Mendoza, Argentina). Na actualidade realiza a súa tesis doctoral baixo a dirección do Doctor José Antonio Sarmiento na Universidad de Bellas Artes de Cuenca (UCLM) centrándose nas relacións entre corpo e música no século XX.

Julio Gómez (contactar)
Coordinador do Colectivo SINSALaudio e xerente-programador do Clube Vademecwm.

web : sinsalaudio.org

Carlos Suárez Sánchez (contactar-carlossuarez1966[arroba]gmail.com
Compositor e etnomusicólogo galego. Ourense. Emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galiza en 2005. No 1986 iníciase o seu traballo como compositor creando mais de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela iniciaronse en 1989, principalmente nas áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Transcribiu mais de 36.000 compases da música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología y folklore”, e para FINIDEF “Fundación internacional de etnomusicología y folklore” durante 10 anos. No ano 2006 gaña o premio nacional de cultura polo seu libro, “Los chimbángueles de San Benito”. Participou en múltiples foros e congresos expoñendo o fruto das súas investigacións en Venezuela, Brasil, Colombia, Perú e España. Principalmente sobre composición, etnomusicoloxía e paisaxes sonoras, sobre este tema destacan : “Diferenzas entre a paisaxe gravada, percibida e revelada”, “Análisis e descripción da paisaxe sonora”, e “Paisaxes sonoras e composición”.

carlossuarez1966[arroba]gmail.com

carlossuarez1966.wordpress