Escoitar.org na Fonoteca Nacional de México

11 enero 2009

Durante a derradeira semana de novembro, escoitar.org estivo na Fonoteca Nacional de México montando unha instalación interactiva con motivo da inuguración deste centro.

A instalación consistíu nun mapa interactivo no que o espectador podía seleccionar o lugar cuxas paisaxes sonoras soarian. O mapa estaba composto polas 31 entidades federativas de México máis o Distrito Federal de México (México D.F.), ubicando en cada un destes estados varias paisaxes sonoras que formaban parte dos fondos da Fonoteca.

Polo tanto a instalación constaba de dúas partes ; por un lado o espectador podía manipular unha mesa na que estaba impreso o mapa de México, de modo que ao pulsar sobre os estados, estes se activaban. Por outro lado o espectador podía ver unha proxección de video donde o mapa se volvía dinámico e a modo de vista aérea navegaba polos distintos estados, creando un paseo sonoro ao pasar por eles.

O programa que crea a animación, que lle puxemos de nome Sonorama, é o Processing, e o programa que se encarga de reproducir as paisaxes é o Puredata. Poden descargarse e modificar estes programas no trac de escoitar :

Sonorama

Esta é unha versión doutra instalación que foi montada anteriormente entre outros sitios na Laboral de Xixón. Aqúi podedes ver un video da anterior versión da instalación, semellante á que se montou en México :


Instalación de Escoitar.org from Chiu Longina on Vimeo.

Ver fotografías da montaxe na Fonoteca :