Escoitar.org no Festival Coiro de Pita (Porriño)

8 julio 2009

ESCOITAR.ORG NO COIRO DE PITA (Porriño, xuño 2009)
Audio-Acción do Colectivo Escoitar.org para o Festival Coiro de Pita de Porriño (2ª Edición, xuño 2009). Na acción rexístranse algúns dos sons propios da vila e denúncianse publicamente outros que contaminan acusticamente a contorna, como o paso do tren polo medio da vila (cunha presión acústica de 96.7 dB) ou o son da matanza de porcos na Fábrica Louriño/Frigolouro, que sacrifica 400 porcos diarios durante as 24 horas do día (o son da agonía dos animais chega a toda a vila).
.
.
O Audio-Acción foi dirixida por Chiu Longina e participaron nela : Keka Losada, Javier Lago, Pablo Alonso, Ariana Flores, Antía Fernández e Hermi Basalo. A coordinación foi de Irene Moreira e Jorge Bolado.
.
.
Con esta Audio-Acción pretendeuse defender o son ambiental como unha posible vía de coñecemento da realidade local, para elo colaborouse coa emisora local Onda Cero na que Luis Cerdeira (locutor e xornalista) entrevistou a Chiu Longina e Irene Moreira.
.
.
MAPA SONORO DE PORRIÑO
Esbozo dun mapa sonoro do pobo. Contén 19 sons e opinións dos habitantes de Porriño sobre algúns sons propios do lugar. O mapa e os rexistros foron cedidos ó Concello de Porriño e ó Arquivo Local co fin de fomentar e promocionar a conservación de sons ambientais como unha nova vía de coñecemento da cultura local.
.
.
.
.

INTERVENCIÓNS EN ONDA CERO

Chiu Longina e Luis Cerdeira o xoves 25 de xuño

.
.

Irene Moreira, Chiu Longina e Luis Cerdeira o venres 26 de xuño

.
.

FOTOGRAFÍAS

Descargar fotos
http://www.flickr.com/
.
.
VIDEO


.
.
DESCARGAR INFORMACIÓN DO PROXECTO EN PDF