Estudo sonoro de Castrelos II

9 noviembre 2007

Estudo sonoro de Castrelos II

Insectos ná rua do Carmen.

Nesta paisaxe sonora escoitamos a mesma especie de insecto que no exemplo seguinte, pero nesta ocasión un gran número deles conforma unha banda tímbrica continua que desdibuja o código rítmico que apreciamos no insecto só. A consecuencia desta suma, é que o son individual dos insectos non pode ser localizado nesa masa sonora que reverbera nas paredes de pedra dos edificios desta zona. Por suposto, a gravación estereofónica non pode ilustrarnos este fenómeno envolvente, pero se nos permite escoitar como a suma do mesmo son executado por varios insectos produce como consecuencia outro timbre totalmente distinto, que posiblemente sexa unha forma de camuflaje sonoro que permita a estes insectos escapar do axexo dos seus depredadores.

Insecto dá baixada do cemiterio.

Esta gravación corresponde a un insecto que canta só, podemos escoitar claramente o seu código acústico que varía a súa velocidade segundo a temperatura ambiental e os sons da súa contorna, notamos por exemplo como cala cando pasa un cocha ao seu lado.

Tronos e chuvia rua Pastora

Ao comezo das choivas tomentosas escoitamos o son do os raios que rasgan as nubes, os tronos chegan da distancia despois de que obsérvanos a descarga luminosa. Nesta paisaxe sonora podemos escoitar os tronos sen a choiva, que vai achegándose paulatinamente ata que ao final só escoitamos as pingas de auga que caendo sobre a terra.

Fonte pequena Pazo de Castrelos

Nesta fonte a auga cae como un groso chorro de auga que produce sons distintos ás fontes que se derraman como fervenzas de pingas pequenas.

Fonte baixa Pazo de Castrelos

Nesta mesma fonte a auga vai dar a un desaugadoiro globular de pedra no que resoa un son acuoso de baixa frecuencia.