Estudo sonoro de Castrelos: Vigo

29 diciembre 2006

Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo.

Limita cas parroquias de Beade, Coia, Freixeiro, Matamá e Sárdoma e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.

Ten a súa orixe na propiedade particular do marqués de Valadares que adquiriu as terras para expansión dos seus dominios e dalas en arrendamento a colonos. O gránito destas terras constituía a súa principal fonte de riqueza, destacando as canteiras de Serra e Porto Loureiro.

O parque urbano máis grande de Vigo está nesta parroquia, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. Nel atópase o Pazo Quiñones de León (reconvertido en museo) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares. O pazo ten a súa orixe na Torre de Lavandeira, abandoada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Orde do Temple, converténdose en torre no século XVI.

Tamén no parque de Castrelos atópase un antigo auditorio ó aire libre (que aproveita a pendente natural do terreo) que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.

A igrexa de Santa María (de estilo románico) foi consagrada no 1216. destaca a rica ornamentación da súa porta occidental. Na zona conservánse ademais unha ponte medieval e un cruceiro do século XVII.

O 2 de febreiro celébrase a romaría da Candelaria e, a derradeira semana de maio, a Festa das Flores.

(información da Galipedia)

Paxaros

Paxaros que se reúnen entre as árbores para entonar as súas chamadas amorosas. No mundo dos paxaros son os machos son os que cantan, pero as femias son as responsables de escoller ao mellor cantor, desta forma evolucionan estes seres nun sentido musical, e as especies que posúen o canto mais evolucionado son aquelas cuxas femias ten mellor gusto para a música. Os machos deben entón perfeccionar as súas melodías e iso impúlsaos a adestrarse no canto durante meses ata chegar a un nivel de virtuosismo que permítalles competir para perpetuar a súa carga xenética.

Fonte do pazo de castrelos

Nos xardíns do Pazo de Castrelos as fontes están deseñadas para ser admiradas, pero sobre todo para estimular a nosa sensibilidade auditiva, pois o auga cae formando unha ampla cortina de pingas que intensifican a sensación acuosa do espazo sonoro, ao caer a tempos distintos, chega aos nosos oídos como unha variación continua de gorgoteos que nunca se repiten.

Vigo – Parque de Castrelos – Concerto de ras no anfiteatro

Os grupos musicais non son os únicos que cantan en verán no anfiteatro de Castrelos, as ranas interpretan os seus sons na cava pantanosa que separa as gradas. Cos seus fortes ronquidos marcan o seu territorio e atraen ás femias para iniciar o apareamiento. Os seus sons atópanse reverberados polas paredes de cemento da cava.

Camiño do río Lagares – Insectos e autovia

Nesta paisaxe percibimos o canto dos insectos nocturnos típicos do verán, en primeiro termo escoitamos grilos que entonan sons espaciados: rri rri rri rri rri rri. . . , no fondo outra especie executa sons continuos cortados por longos silencios: shikshikshikshik. . . . . . shikshikshikshik. . . . .,

San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo.

Limita cas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e Vigo Centro e pertence ó arciprestazgo de Vigo-As Travesas.

Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio Santo Tomé de Freixeiro está pegado ó Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.

(información da Galipedia)

Vigo – Rua da Pastora – Anduriñas e sons humáns

Esta toma foi feita a partir dun balcón situado nun terceiro piso da rúa pastora, e pódese escoitar claramente o barulleiro paso das andoriñas que en primavera regresan a Galiza para anidar, lembranza que o meu avó sentía un especial cariño por estas aves e cada ano construía niños esperando o seu regreso. Por debaixo escoítase o paso dos automóbiles e a voz dos transeúntes que pasan conversando. É imposible escoitar esta gravación sen percibir o espectacular voo destas aves, que pasan fronte ao micrófono trazando o seu percorrido.

Vigo – Pazo da Pastora – Fonte, paxaros e ra

Neste calmado espazo percibimos en primeiro termo o son do auga que chorrea nunha fonte, nela canta un sapo: Rruuu, rruuu, rruuuuu, ru. No fondo gorxean os paxaros, para a metade da gravación un deles achégase e comeza a executar unha serie de vertixinosas notas e trinos: chirrrr churrrr eiiiiiii chirrrr eiiiiiiii chirrrrrrrrr chichichichichi eiiiiiiiiii eiiiiiiiiiiiiii, ect. Estas representacións fonéticas ou onomatopeias do son somentes son unha referencia dun canto que en realidade posúe unha complexidade moito maior.

Vigo – Museo liste – Canto do Merlo

O merlo (Turdus merula) é unha ave negra de pico amarelo que canta nas ramas altas das árbores e edificios. Pola enorme riqueza do seu repertorio este paxaro é considerado un dos mellores cantores de Galiza, posúe gran capacidade para a improvisación melódica e tímbrica. E atópase presente en numerosas faúlas galegas como “a riso do merlo”. O seu marabilloso canto foi motivo de inspiración durante séculos para os creadores populares de Galiza, que na súa poesía, música e pintura, intégrano como fonte de maxia e encanto.