Gravación : o queixume do rio Cenza

16 agosto 2006

Fai uns anos viaxamos ao Val Glaciar do río Cenza, preto de Cabeza de Manzaneda, no concello de Vilariño de Conso. Alí a empresa Iberdrola construiu no 1994 unha central eléctrica, (a presa), que foi moi contestada porque estragou o derradeiro val glaciar que quedaba integro en Galiza. Esta presa ocupa máis de 240 hectareas e o material utilizado para a construcción foi o hormigón compactado.

No diario local «La Región» aparecía deste xeito a nova que anunciaba a construcción desta obra (foi o 20 de Agosto de 1993) :

[(FIESTA EN VILARIÑO DE CONSO, AL TERMINAR LA CIMENTACION.

La presa construida anegará 244 hectáreas aproximadamente, sobre todo montes bajos de propiedad comunal y pastizales. Y los peces podrán remontarlo para desovar, utilizando escaleras especiales contemplandas en el proyecto.)]

Pero tras esta nova agochábanse duas grandes mentiras : por unha banda a presa, tal como foi feita, non permitía nin permite o remonte dos peixes migratorios (troitas, sobre todo). Iberdrola argumentou que no centro da presa habería unhas escaleiras que permitirían ós peixes remontar o río. E efectivamente, estas escaleiras foron construídas, pero con máis de 20 metros de altura e cunha pendente de casi o oitenta por cento. Pódese ver un detalle destas escalas na seguinte foto (click no link).

Escaleiras para o remonte da troita na Presa

Outra das mentiras foi o caudal que Iberdrola deixaría despois da presa. Este caudal é insuficinte para manter un mínimo ecosistema no que puideran vivir peixes.

Vista panorámica deste lugar (preme no seguinte link para ver a foto) :

Vista panorámica do Val do Cenza

Descripción da Foto : Ao fondo as Serras Calva, Serra Segundeira e Serra do Eixe, máis preto, a dereita, o cañón do Bibei, tamén o do río Camba, no centro Viana do Bolo.

A unha altura de 1341 metros sobre o nivel do mar. Xunto o muro, xusto no medio, o pobo de Chagüazoso, o máis alto de Galiza, a 1400 metros. A dereita do pobo a morrena (a máis espectacular e mellor conservada de Galiza. Unha morrena é unha cordilleira ou manto de till -barro glaciar- depositada cerca dun glaciar). Á dereita o cañón do Cenza un lugar cuns cantos rodados espectaculares, propios dun Val Glaciar como este.

Nós acudimos ata alí para ser testemuñas deste estrago na natureza, pero levamos unha sorpresa ao escoitar o son que xeraba o vento ao chocar coa presa. As barandas da presa teñen 6 tubos horizontais que debuxan un arpa. O vento deslízase entre elas producindo un son moi parecido ao que fan as Dunas ó desplazarse, unha especie de acorde menor e dramático que serve de colchón ao resto de sons que se escoitan ali. Por mor do forte vento a gravación non é moi limpa, pero pódese escoitar perfectamente este acorde continuo que nós chamamos : «O Queixume do Cenza«.

Escoitalo :

Actualización (21 de agosto de 2006) :
Nova gravación de campo, nesta ocasión percorremos todo o pantano ata chegar á cola, onde nace o rio Cenza. Neste rexistro pódese escoitar o son duns insectos que revoloteaban enriba da gravadora.

Escoitala :