Gravación : Procesión do Cristo da Victoria

26 agosto 2006

A PROCESIÓN MÁIS MULTITUDINARIA DA CIDADE DE VIGO, PONTEVEDRA.

Percorrido : Saída da Colexiata
Colexiata, Rúa Real, Berbés, San Francisco, Canovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Policarpo Sanz, Porta do Sol (ofrenda floral e himno), Praza da Constitución e rúa Triunfo.

A gravación foi feita no derradeiro tramo do percorrido, concretamente dende Policarpo Sanz, pasando pola Porta do Sol (incluíndo a ofrenda floral e o himno), seguindo pola Praza da Constitución, a rúa Triunfo e rematando na entrada da imaxe do Cristo á Concatedral (a Colexiata) -tal como se pode ver no mapa da cabeceira-. A duración é de algo máis de 25 minutos. Para o rexistro utilizouse un micrófono de condensador co que se acompañou á procesión durante este último tramo. Nela pódense escoitar a ofrenda floral, o himno, a formación da Brilat (o sección do exército que acompaña á procesión) e os cánticos dirixidos por unha voz dun sacerdote que se escoitaba polos altofalantes instalados ao longo das rúas de Vigo.

Unhas pinceladas na historia desta procesión e do Cristo da Victoria :

A colexiata de Vigo foi construida no 1816 e a imaxe do Cristo da Victoria, foi esculpida arredor do 1680. A talla, ainda que tradicionalmente datábase cara este ano, foi restaurada no 1998 e finalmente foi atribuida ó escultor vasco Sebastián Ucete, ubicándoa en torno ó 1740.

[(Do mesmo ano son as primeiras referencias fiables, baixo o nome de “Cristo da Boa Victoria”, anterior incluso á invasión francesa da cidade. A figura foi doada por Marcó del Pont, industrial catalán afincado en Vigo na segunda metade do XVIII, antigo rexidor municipal e posuidor dunha frota de corso, cun barco denominado Cristo da Boa Victoria.
Texto orixinal : http://hoxe.vigo.org/.)]

Esta procesión (devota e multitudinaria) ten lugar o primer domingo do mes de agosto na ciudad de Vigo. Os veciños lánzanse á rúa para honrar ó Cristo da Victoria, de quen se di que axudou á cidade a vencer ó exército francés (as tropas napoleónicas) na súa invasión de 1809. Por ese motivo foi nomeado «patrón da cidade». A denominación de ‘da Sal’ (Cristo da Sal) débese a que, según contan, o Cristo foi atopado por un cargueiro de sal no mar, era a mercadoría que transportaba o mercante que a rescatou do mar, preto das illas Cíes, despois de que alguén guindase con ela ás augas para evitar que caese nas mans dos piratas ingleses.

Algúns links :
El Correo Gallego :
«La mayor procesión de Galicia llenó de fe y pasión las calles de Vigo pese al humo y al calor»
Faro de Vigo :
«El Cristo de la Victoria, entre cenizas»
Vigoenfotos.com :
«Fotos procesión año 2005»

Escoitar a gravación :

FOTOS : GRAVANDO A PROCESIÓN