O son dos batáns

28 abril 2008

Este artigo presenta unha introdución ás sonoridades dun aparello de antigo uso industrial: o batán. Para elo presentanse unha serie de gravacións realizadas en dous entornos onde no momento de redactar este artigo inda quedaba algunha máquina deste tipo operativa: O conxunto etnográfico dos batáns do Mosquetín, no concello de Vimianzo, e o antigo mosteiro de Sta. maria de Mezonzo, en Vilasantar.

PROXECTO FONOTOPÍAS DE GALIZA – SONS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

O Son dos Batáns

1.Descripción xeral

Tal e como dí a wikipedia na sua páxina adicada aos batáns[WIKI-08], o batán e unha «…máquina destinada a transformar uns tecidos abertos noutros máis compactos. Estas máquinas son impulsadas pola forza dunha corrente de auga que fai mover unha roda, que activa os mazos que posteriormente golpearán os tecidos ata compactalos…«, «…Hoxe en día xa non se empregan para o fin que foron creados, e a maioría deles atópanse en estado ruinoso ou ata totalmente desaparecidos, sendo moi poucos os que se conservan e sempre destinados unicamente a museo…«,

«…O emprazamento dos batáns sempre é na beira dos ríos para aproveitar a súa forza hidráulica. Na canle do río construíase unha pequena presa, desde ela a auga era conducida por unha canalización con forte pendente ata a roda. Ao impactar a auga contra as culleres da roda, esta comezaba a virar levando solidario o eixo e pondo en funcionamento todos os mecanismos do batán. Ao moverse a roda accionábanse os mazos que comezaban a golpear as mantas. Outra pequena canle conducía un pouco de auga ata a cuba para manter molladas as mantas durante boa parte do proceso, evitando o seu desgaste por erosión…«

En canto a composición dos batáns, comenta : «…Trátase dunha máquina constituída case na súa totalidade por pezas de madeira de carballo. As partes máis importantes son:

* A roda, cun diámetro de tres metros e dezaseis culleres repartidas ao longo do perímetro, sobre as que impacta a auga que baixa pola canle, producindo o movemento da máquina.

* O eixo que vira solidario á roda e por medio de pancas fai mover os mazos.

* Os mazos, que ao caer golpean as mantas que están situadas na cuba.

* A cuba é o lugar no que se colocan as mantas. Está constituído a partir dun tronco que se escava no centro ata conseguir o oco necesario para os mazos e as mantas…«

Estos datos foron extraido da wikipedia en Castelán[WIKI-08], e traducidos ao galego empregando o servizo de tradución automática OpenTrad do Seminario de Linguistica informática da Universidade de Vigo [SLI-05].

Comentar, como curiosidade, que xa nos tempos en que Miguel de Cervantes escribiu o Quixote, o son dos batáns chamaba a atención, e proba delo é que nun dos seus capítulos, Don Quixote e Sancho enfróntanse a unha ventura nocturna de «...otro estruendo que les aguó el contento del agua, especialmente a Sancho que naturalmente era medroso y de poco ánimo: digo que oyeron que daban unos golpes a compás, con un cierto crujir de hierros y cadenas, que acompañados del furioso estruendo del agua, pusieron pavor a cualquier otro corazón que no fuera el de Don Quijote.«[CER-1605]

2.Xustificación

A recollida dos sons do batán ven xustificada pola inexistencia de produción industrial actual destas maquinarias, o que unido a existencia de poucos exemplares en Galicia, fai que atopar un batán funcionando seña bastante complicado. Dos poucos que existian en funcionamento, hoxe en día non se puido atopar ningún que continue en produción, e os que se atoparon, foron restaurados en datas recentes, e algúns deles presentan algunha deficiencia de funcionamento(1). Daquela, e dado que xa non son de utilidade produtiva, é razoable pensar que toda a imaxe sonora artellada en torno a estes aparellos e as actividades relacionadas, estean en perigro de extinción, e polo tanto, señan susceptibles de formar parte das fonotopías de Galicia.

3.Descrición das gravacións

Pasamos a comentar, de seguido, as sonoridades que se atoparon nas visitas aos batáns. Os primeiros dos sons aquí presentados foron recollidos no conxunto etnográfico dos batáns do mosquetin. Este conxunto, propiedade da diputación da Coruña e xestionado pola asociación Neira, está situado no concello de Vimianzo, na parroquia de Salto, na marxe dereita do rio Grande. Está formado por dous edificios de planta rectangular. O mais alonxado da marxe do rio, coñecido como edificio Norte, é o que conten os tres batáns que se conservan no conxunto etnografico.

Os batáns están movidos por auga, e polo tanto non é de extrañar que no exterior atopemos a sonoridade continua da auga fluindo con forza. Os batáns do mosquetin non iban ser menos, tal e como se pode apreciar na seguinte toma.


Unha toma mais próxima ao rio danos unha idea da violencia da corrente que leva o rio, poboada con unha serie de frecuencias graves que dan idea da voracidade do correr do rio ao paso pola beira dos batáns.


A auga corre a borbotons polos canais que a traen a caseta onde se atopan os batáns, constituíndo un continuo sonoro a modo de colchón acústico que envolve o ambiente. As mazas do batan golpean ritmicamente segundo a auga vai empuxando a roda que os move. A sua construción e toda de madeira provocando golpes secos e apenas reverberados, amais dunha vibración en menor medida provocada polo temblar das madeiras do batán ao absorber o choque da maza. Amais, a contra tempo destes, o son mais leve (case imperceptible entre o correr da auga) das mazas cando son recollidas pola roda para preparalas para dar o seguinte golpe.

Antigamente eran 3 os batáns que funcionaban a diario, pero agora so queda un en estado funcional, é só para ensinar as visitas. Ten o continuo de fondo da auga correndo. As suas mazas golpean na cuña producindo unha vibración que fai que toda a madeira do aparato vibre. Os golpes son secos e de frecuencias graves-medias. Escoitase perfectamente a contratempo dos golpes dos mazos, o son da roda xirando e recollendo ao arrastrado os mazos para preparalos para o próximo golpe.


Os Batáns do Mosquetín é un complexo que inclue varios canais construídos para recoller a auga e levala as casetas nas que están situados os muiños e os propios batáns. A auga ao pasar a traves destes canales produce unhas sonoridades onde os armónicos agudos aparecen resaltados pola reberveración producida polo material no que están construídos os canais: bloques de pedra maciza. Deste xeito, inda que a fluxo de auga é pequeno, parece mais abundante.


Outra canalización, que leva menos fluxo de auga, permite escoitar, ao aproximar moito o micro para facer a toma, os agudos que produce o reburbullar da auga, cando tropeza contra as irregularidades do caño de pedra polo que circúla. De fondo, case inapreciable, os graves producidos polo correr do rio no seu cauce principal.


Segun comenta a wikipedia[WIKI-08]: «Un exemplo de batán-museo, na provincia da Coruña, está na parroquia de Mezonzo no concello de Vilasantar. Crese que foi construído polos monxes que habitaban o mosteiro de Mezonzo, onde agora se atopa a igrexa parroquial que data do século XII. De ser certa esta crenza popular, sería un dos batáns máis antigos de Galicia i España. Este batán estivo en funcionamento ata o ano 1954, momento en que se abandona ata a súa restauración no ano 2001 podendo ser visitado na actualidade polo público. Mentres estivo en activo, o batán funcionaba desde o mes de febreiro ata xuño. Durante o verán permanecía pechado porque o río non tiña suficiente auga para a súa activación e no inverno non se podía utilizar porque era moi difícil o secado das mantas«

Seica foron os monxes do mosteiro de Santa María os que construíron o batán. O último bataneiro, Pepe do batan, explica como esto é o que se cree no lugar.


Perezoso, perezoso, como querendo demostrar que o seu corpo non se pon en marcha tan facilmente, o batán arranca e comeza o seu rítmico golpeo. No arranque as madeiras chirran, provocando agudos que parecen querer decir que a madeira vai ceder ante o poder das forzas que a someten, pero finalmente ponse en marcha, con golpes secos que retumban en todo o seu mecanismo… de fondo a auga do rio, sempre, impertérrita.


O batan golpea rítmicamente, ao ritmo que lle da o correr da auga. Ao son do bater dos mazos na cuba, unese o da madeira do corpo do batan vibrando con cada golpe que asestan os mazos. Tamen se escoita o subir dos mazos para preparar o seguinte golpe, e de fondo os agudos da auga interrompidos ritmicamente polo pasar das palas da roda do batan que recollen a forza do rio e poñen a maquinaria a andar.


Outra toma do andar do batán dende unha posición mais traseira permitenos escoitar o ruido de toda a maquinaria movendose, quedando o son dos mazos atenuado, coma un son mais dos producidos polo batán.


Pepe do batan, explica nesta toma, co seu peculiar acento e maestria, as triquiñuelas para arrancar a maquinaria do batán. A sua voz confundese co golpear ritmico do aparato, e o correr continuo e permanente da auga caendo, interrumpida polas palas da roda do batán.


Outra toma do andar do batán, onde se aprecia perfectamente en primeiro plano o rinchar da madeiras das pezas que compoñen o batán, que ao andar rítmicamente co bater das mazas proporcionan o contrapunto no espectro agudo aos graves creados polos golpes das mazas do batán. De fondo, o continuo blanco do correr da auga, omnipresente.


Pepe do batan contanos como, cando el era neno, había veces que, volvendo co seu pai da feira de boimorto, se o tempo era propicio, escoitaban dende boimorto o batán traballando… Eran tempos: o batán sentiase a 8 km de distancia. Hoxe estó é casi que impansable: un son que se escoite a esa distancia, dada a contaminación acustica moderna. De fondo a auga e o batan imperterritos ás palabras de pepe. Notese o fenomeno que se produce no medio da gravación, onde o batán cambia, por si solo, a sua velocidade de batida.


A parada do batán parecese moito a pechadura dunha porta coas bidagras mal engrasadas. Nesta toma escoitase perfectamente como o chirriar das pezas de madeira é o único que queda cando o batán deixa de bater e de emitir en todo o espectro de graves, e como ese chirriar que cubria o espectro agudo, vaise volvendo grave ata desaparecer na memoria, i todo elo nunha fracción de segundo… é a máxia do son. De fondo, sempre, a auga, o rio, coma sempre, imperterrito.


Amarrando o batán. Tras a parada do batán,a maquinaria non pode quedar solta e hai que amarrala, para que, accidentalmente, no se dispare sola. O batán parece non quererse deixar amarrar, e chirria como queixandose de que non lle deixen moverse libremente. Pequenos chirridos enchidos de graves melancolicos de madeira vella, que case parecen lágrimas de recordos doutros tempos cando traballaba a diario…


Pepe do batán, o último bataneiro que traballou co batán de Sta. María de Mezonzo, explicanos para que se usaba o batán, e como se organizaban os traballos relacionados co batán.


4.Liñas de traballo futuras

Inda que a sonoridade producida polos batáns ten certas características comúns, cada un deles presenta particularidades, tanto polo entorno no que se atopan como pola construcción artesanal , que os fan pezas únicas, de cada un destes aparellos. Esto, unido a pouca cantidade de eles que existian nos seus tempos (era algo moito mais exclusivo que, por exemplo, os muiños), constitue as sonoridades dos batans como un interesante campo de estudio, de cara a que se poida intentar crear un catalogo sonoro de batans, incluindo gravacións de cantos batáns se poidan localizar e poñer en funcionamento. Asimismo, e xa dende un punto de vista antropoloxico e de recuperación, poderíanse recuperar para visitas, ou incluso para facer algún centro de estudio onde se traballe o aspecto sonoro do batán, tales coma conciertos de pezas musicais onde o batán sexa un instrumento maís.

5.Agradecementos

Para a redacción do presente artigo, visitaronse os batáns do Mosquetín, sitos no concello de Vimianzo, e o batán de Sta. María de Mezonzo, sito no concello de Vilasantar. No primeiro caso, a asociación Neira, mediante da sua axente presente nas instalacións do Mosquetín, foi quen nos proporcionou a guía e asistencia necesaria para realizar a s gravacións. No caso do batán de Sta. María, foi o propio bataneiro, encargado de coidar o batán no momento de redactar este artigo, que nos axudou, explicou e guiou para a realización das gravacións. A todos eles o noso agradecemento. Estas gravacións foron realizadas en Febreiro do 2008.

A1.Referencias

[CER-1605]CERVANTES, Miguel de, «El ingenioso idalgo Don Quijote de la Macha«, Capitulo XX, 1605.
[LEMA-07]LEMA SUÁREZ, X. Ma eMOUZO LAVANDEIRA, R., «O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín, na Terra de Soneira. Outros batáns, folóns ou pisóns de España e Portugal«, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Vimianzo, 2007
[WIKI-08]COLABORADORES DA WIKIPEDIA, «Batán«, Wikipedia, La enciclopedia libre, 7 marzo 2008, 00:05 UTC, http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Bat%C3%A1n&oldid=15649944 [Accedido en marzo 2008]
[WSLI-05]SEMINARIO DE LINGUISTICA INFORMÁTICA, Universidade de Vigo, «Tradutor Opentrad apertum«, 2005 , http://sli.uvigo.es/tradutor/ [Accedido en marzo 2008]

A2.Notas

(1) No caso dos batáns do mosquetin, p.e. ao pechar os batáns instalouse unha piscifactoría na zona, aproveitando as canalizacións e infraestrutura existente para os batáns, de xeito que actualmente, parte do cauce do rio e desviado cara a piscifactoría, o que fai que os canales dos batáns non leven auga suficiente como para mover as rodas dos batáns. Soamente en días de chuvia intensa os batáns do Mosquetín podense ver funcionando.