Paseos sonoros por cidades: Pontevedra

9 noviembre 2006

Obradoiro «Escoitar.org, Paisaxe Sonoro de Pontevedra» para o Terceiro Congreso de Arte e Tecnoloxía Artech 2006, no Pazo de Cultura de Pontevedra (26-28/2-4, octubre/noviembre 2006)

«Un paseo sonoro é un método empírico proposto por R. Murray Schafer para identificar unha paisaxe sonora dunha localización específica. Nun paseo sonoro suponse que te moves a través dunha area xeográfica limitada, cos teus oidos tan abertos como te sexa posible, rexistrando tódoslos sons ambientais que podas ouvir […]»

Wikipedia Soundwalk


«Segue ós teus OUVIDOS. Os paseos sonoros son en esencia bastante simples –un camina e escoita. Poden realizarse en calquera momento, en calquera lugar. Podes practicalos sen coñecemento (quizás camiñando alén da tua porta e ‘seguindo os teus propios ouvidos’) ou podes organizar un paseo público plantexado con unha ruta e unha guía. En calquera caso, os paseos sonoros son un xeito de te introducir a ti mesmo e ós demaís no acto consciente de escoitar o teu propio contorno sonoro.

Falando con propiedade, existen dous tipos de paseos. Un paseo sonoro anima a quen o realiza a facer soar ou a vocalizar nese espacio promovendo a interacción cos obxetos e co seu contexto (por exemplo percutindo nunha árbore caida ou berrando para escoitar o eco). Un paseo de escoita require que simplemente escoitaes e fagas o mínimo son posible durante o paseo. Hay outros derivados incluindo a aplicación dun antifaz combinado con otras actividades deribadas da escoita, como os mapas sonoros”. (Wagstaff, Gregg “Soundwalking»

Gregg Wagstaf Soundwalking (fragmento de «Dartmoor Soundwalks Earshot No.2, The Journal of the U.K. & Ireleand Soundscape Community, December 2001) eContact!


«Abra a porta do lugar no que vive, saia e escoite. Camiñe e escoite. Deténgase e escoite. Doble na próxima esquina e escoite. Atope un lugar favorito no seu vecindario e escoite. Non fale con ninguén. Siga camiñando e escoite.

Escoite
as voces
mentras camiña.
Escoite
as pausas.
Escoite”

Hildegard Westerkamp Paseo sonoro desde el hogar ( Publicado orginalmente en: The New Soundscape Newsletter, Nr. 4.) Citado on-line en Eumus


Realizado por: Andrés Garrido, Arturo Reboiras, Bautista, Beatriz, Cris Lores, Jordana González-Dopes, Jorge Dosil, José Francisco García, Laura Herreros, Leilía Durán, Lucio Dubra, Marcos, Marta Rodríguez Cerviño, Mónica Paradela, Natividad Deán, Patricia García, Rita Rodríguez, Ronda, Sabela Correa, Samuel Castro Martínez. .

 

Este paseo sonoro é unha representación acústica realizada a partir dos sons particulares de Pontevedra, as reverberacións dos seus muros e dos seus espacios así como os tránsitos de aqueles que os habitan. Para determinar o itinerario seleccionariónse un listado de hitos urbanos que condicionan a configuración sonora da cidade. Esta selección realizouse partindo da experiencia e do debate dos que participamos neste proxecto reflexionando sobre aqueles sons máis representativos da paisaxe sonora urbana. A partir desta primeira posta en común realizaronse varias xornadas de gravación nas que a os sons seleccionados foronselle engadindo todos aqueles que se descubrían a medida que se percorrían as rúas coa predisposición dunha escoita atenta.

A realización deste proxecto sonoro cobra especial sentido nunha cidade como Pontevedra na que a configuración do espacio urbano (peatonalización, reavitalización das prazas…) ten favorecido a práctica do paseo como un hábito social relevante e moi extendido. Ademáis trátase dunha cidade que se revela como a segunda con menor contaminación acústica no mapa de ruidos de Galicia ( www.ruidos.org).


PRAZAS

As Prazas son os nodos arredor dos que se desenrola a vida pública da cidade. Pontevedra ábrese a numerosas prazas nas que a interacción social maniféstase nun universo sonoro múltiple.

«Unha plaza é un espacio público amplio e aberto, situado nun poboado ó que se lle pode dar grande variedade de usos públicos ou privados […] Pola sua relevancia e vitalidade dentro da estructura dunha cidade están consideradas como salóns urbanos.

As prazas son o centro por excelencia da vida urbana. Nelas se concentra gran cantidade das actividades, sociais, comerciais e culturais. […] Con frecuencia son o elemento orixinario dunha poboación, o lugar orredor do que comenzan a se levantar as edificacións máis representativas. Son típicas en moitos pobos a praza do concello, a praza dacatedral ou a praza do mercado» Wikipedia

_Mercado de abastos

[Fixeronse varias gravacións en distintos momentos do dia para rexistrar o fluir sonoro da interacción social que ten lugar neste espacio]

«[…] sitúase na marxe do río Lérez, nun espazo onde ten lugar unha importante concentración da actividade comercial. O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa completa e variada oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade que vai desde peixarías, carnicarías, chacinarías, conxelados, froiterías e verdurarías. Igualmente, dispón de postos de venda de flores, reparación de calzado, duplicado de chaves, panadaría, perruquería, quioscos, mercerías e dúas cafetarías.

Na actualidade, a praza de abastos constitúe o principal elemento dinamizador do comercio no centro histórico, especialmente pola súa gran capacidade de atracción de clientes.

Coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta de negocio existente, leváronse a cabo importantes actuacións arquitectónicas, que transformaron o mercado nun moderno e completo edificio. As novas instalacións están dotadas dos últimos avances do sector e non se escatimaron esforzos para acadar o mellor servizo e a satisfacción dos usuarios. E todo isto cun único obxectivo: converter a praza de abastos nun dos mercados mellor situado e máis competitivo das cidades galegas

[…] Todos estes aspectos fan que o mercado de abastos sexa un referente na vida social de todos os cidadáns» (www.concellopontevedra.es).

_Praza da Ferrería

[Son da pala no carro das castañas que nos meses de outono/inverno se sitúa nesta nesta praza]

«É a praza máis emblemática de todas as da cidade de Pontevedra […] Únese coa praza de Ourense coa praza da Estrela e cos xardíns de Casto Sampedro para formar un gran espacio urbano de paseo e pracer. No medio destos levántase, seguindo o modelo de chafariz portugués, a coñecida Fonte da Ferrería (s. XVI). Foi reconstruída no 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza no século XIX. Do mesmo xeito destacamos a casa renacentista coñecida coma a Casa dos Barbeitos que destaca polas numerosas esculturas con forma de cara» (www.pontevedra-virtual.com).

_Praza da Pedreira (Plaza mugartegui)

«Nome derivado das actividades de talla de pedra que desenvolvían eiquí os canteiros da cidade. Antigamente coñecida como a praza da Herba […] Encontramos un pazo construído durante os séculos XVII e XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana do barroco gallego […] O Pazo de Mugartegui posee unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araúxo, Miranda e Quirós e, rematando a construcción, un magnífico exemplar dun reloxio de sol».(www.pontevedra-virtual.com).

_Praza do Teucro

«Esta plaza está enmarcada por casas patriarcales de los siglos XVII y XVIII, como eran los Gago y Montenegro, el Pazo de San Román, y el Pazo del Marqués de Aranda, en ellas podemos encontrar buenos ejemplos de la heráldica de la ciudad […] Según cuenta la leyenda, el arquero griego Teucro, medio hermano de Aiax, después de la guerra de Troya, viajo a occidente y fundo lo que sería la ciudad de Pontevedra».(www.pontevedra-virtual.com).

_Praza de Curros Enriquez

«Debe o seu nome ó afamado poeta de ourense. Nesta praza encontramos o monumento a Alexandre Bóveda que, xunto con Castelao, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en Pontevedra. Tamén destaca neste lugar unha fonte de ferro fundido que foi construida no século XIX».(www.pontevedra-virtual.com).


RÚAS

_Rúa Cesar Boente

_Soportais entre Curros Enriquez e a Ferreria

_Teatro Principal dende a rúa en Pontevedra

_Rúa Sarmiento

(Intento de gravar o Loro da Panadería Abilleira. O loro é una figura que forma parte do imaxinario popular da cidade)

[…] O entroido pontevedrés remata co enterro do loro Ravachol […] Ravachol era o loro mullereiro que o boticario Perfecto Feixóo tiña na súa farmacia situada fronte á igrexa da Peregrina.

A festa, que comeza o venres anterior o inicio da Coresma, atrae un gran número de persoas, sobre todo o Venres de Entroido, cando os pontevedreses e pontevedresas saen á rúa en comitiva fúnebre e cun rigoroso loito para chorar a morte do Ravachol. Como remate, procédese á queima, na praza da Ferrería, do finado loro mentres na súa honra ten lugar un sentido espectáculo necrolóxico, coa lectura dunha loanza fúnebre […]». (www.concellopontevedra.es)

(Na actualidade esta figura está representada polo Loro Curro que participa na paisaxe sonora da cidade na rúa Perfecto Feijoo)


SONS MECÁNICOS

_Paisaxe Sonora no aparcamento da Praza de Abastos

máquina de moedas

_Ence-Elnosa Lourizán

A fábrica de Ence soando como un pedal de fondo constante. Nunha capa superior, podemos oir o son da ría de Pontevedra.

_Mosquiteiro electrico no Mercado de Abastos


SILENCIOS

«Non existen espacios vacios ou tempos vacíos. Sempre hai algo que ver, algo que escoitar. De feito, proba se podemos facer un silencio, non podemos».

John Cage

O término «silencio» non existe no mundo real de forma absoluta, é un concepto relativo. Alguén pode percivir un ambiente como silencioso e estar interesado en conservalo nunha gravación. En realidade existen espacios ou momentos máis ou menos silenciosos. Aquí estamos falnado polo tanto de «silencios subxetivos».

_Silencio na praza do teucro nunha mañan de sábado

_Silencio do interior da Igrexa da Peregrina


OUTROS

_Paisaxe sonora coral

Gravación que tivo lugar dentro do curso de Arte Sonora reinterpretando bocalmente unha paisaxe sonora de Bonaval (Santiago de COmpostela)