Fantástico Video da visita dos amigos do «proxecto-ds»

20 abril 2007

Moitas gracias polo video, gustounos moito a todos.

Info da web do Videoblog do Proxecto-Ds:

[…] A primeira entrega deste videoblog tédela sobre estas liñas. Foi gravada en Vigo o pasado 16 de marzo no espazo anexo do MARCO, onde a xente de Escoitar.org, dos que xa vos falamos por aquí e tamén aquí, teñen instalado un laboratorio de audio aberto a todo o mundo, até o 13 de maio. Esperando que vos guste a nova creación, invitámosvos a tod@s a que pasedes polo espazo anexo do MARCO, onde os rapaces de Escoitar vos explicarán e farán partícipes neste proxecto sobre a paisaxe sonora galega.

Para subscribirse ó videoblog visitade a pestana ‘Subscribe’ dentro do espazo do Proxecto-ds en Blip.tv. Podédesvos subscribir mediante iTunes con este feed. Se o que vos vai e o rollo indie podedes empregar o reproductor Democracy. Se preferides facelo con calquer outro software aquí tedes un feed estandar.

Aproveito para agradecer a Juanma Lodo o seu especial inteterés para levar adiante este traballo. Grazas tamén a xente de Escoitar por atendernos tan atentamente. Grazas a Inés, Pablo e Danny pola súa colaboración.

Link ao video orixinal
http://conecta.proxecto-ds.com/videoblog00-escoitarorg/