geomap_append_clicable_map.php

11 abril 2008

Este documento conten a función _append_clicable_map ($target_id, $view_lat, $view_long, $view_zoom, $Marker) que devolve o código javascript dun mapa clicable para situar marcadores e recoller en formularios as súas coordenadas. Utilizouse para crear o mapa que aparece na sección de edición dos artigos na parte privada. Ao pulsar nel o mapa crea un novo marcador, centrase na localización seleccionada e introduce nos campos dun formulario a latitude e lonxitude corespondentes.

Para utilizar dita función dende PHP se require do seguinte código.

 
$gis_append_clicable_map = charger_fonction($GLOBALS['meta']['gis_geomap'].'_append_clicable_map','inc');
$return = $gis_append_clicable_map('formMap', $glat, $glonx, NULL, $row?true:false);
return $return;

$target_id É a id do div do mapa que se desexa crear e o nome da variable javascrip que almacenará o mapa.

Os campos lat, long, e zoom do formulario para recoller os datos procedentes do mapa deben ter as súas id iguais a id do mapa mais _lat, _long, _zoom.

$view_lat, $view_long, $view_zoom Son a latitude, lonxitude e zoom que tomara o mapa se non se desexa que tome as definidas por defecto.

$Marker Permite decirlle ao mapa que o artigo que se esta a editar nese intre xa ten un marcador asociado, para que apareza o marcador e non un mapa valeiro.