Proxecto FONOTOPÍAS DE GALICIA. OS SONS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

8 noviembre 2007

FONOTOPÍAS DE GALICIA é un proxecto para o rexistro, estudo e conservación de sons en perigo de extinción no territorio galego cuxo obxetivo é, entre outros, a incorporación do son ao patrimonio cultural inmaterial do país ou o estudo da identidade nacional a través da acústica dos seus espazos e xentes. A memoria sonora de Galicia e desconocida en moitos de sus aspectos fundamentais, e este proxecto pretende fomentar e difundir a escoita como un modo máis de coñecer a realidade de Galicia.

O proxecto, a través dun traballo de campo exhaustivo, ofrece a identificación de sons que corren o perigo de extinguirse e o seu rexistro fonográfico.

INTRODUCCIÓN E IDEAS XERAIS. O SON COMO PATRIMONIO CULTURAL

Un lugar é un espacio que en boa medida está construido de memoria e unha importante parte desa memoria, xa sexa individual ou colectiva, vaise sedimentando por medio da auralidade. Cada entorno, cada contexto, cada momento, ten os seus propios sons que o caracterizan e o identifican, ou o individualizan, frente ás acústicas doutros espacios e contextos.

A progresiva e inevitable desaparición e modificación dalgunhas prácticas culturais e de certos entornos naturais leva asociada a perda dunha riqueza sonora irrecuperable ó tempo que emerxen novas paisaxes sonoras que en ocasións tenden á homoxeneización acústica, algo que ocorre básicamente por influencia dos procesos de industrialización.

Abrese unha liña de traballo destinada á recolleita daqueles sons que teñen un valor especial e que están en “perigo de extinción” reflexionando sobre as características dos espacios acústicos de Galicia e atendendo ás súas particularidades.

XUSTIFICACIÓN E RAZÓNS NAS QUE SE FUNDAMENTA O PROXECTO

O Patrimonio Sonoro é unha parte importante do noso patrimonio cultural, (un patrimonio que foi rexistrado abundantemente no ámbito dos seus aspectos visuais, pero moi pouco no seu aspecto sonoro). Este proxecto propón a posta en marcha dun esforzo inaprazable de investigación que implique a realización dun conxunto de traballos de campo que permitan localizar os sons que se atopan en perigo inminente de extinción.

Na actualidade a meirande parte das recolleitas sonoras e edicións fonográficas que se fan en Galicia, no contexto da conservación do patrimonio inmaterial, sitúanse entre a expresión musical e a expresión oral. Nesta dualidade pérdese toda a riqueza aural de Galicia que non entra dentro destas categorías entanto que é considerada un “residuo” sonoro, un feito involuntario. Ao mesmo tempo estase exercendo un desprezo cara ó gran valor deste material, non so para certas disciplinas, (historia, antropoloxía, etnografía, psicoloxía, ecoloxía, arquitectura…), senón tamén para a educación, a creación artística e para o coñecemento da nosa realidade acústica.

Certamente estes fragmentos da nosa identidade son unha achega substanciosa da realidade sonora actual e converteranos nunha referencia fundamental dos estudos etnográficos a nivel internacional. Dende Escoitar.org cremos que é imprescindible continuar con este traballo dun xeito sistemático, partindo da reflexión e de premisas científicas co fin de promover unha fonda sensibilización cara o son do noso entorno así como encher o espacio valeiro que existe nos nosos arquivos permitindo a permanencia dos sons que forman parte da nosa realidade para a mellor comprensión da nosa cultura.

O proxecto está financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xerál de Creación e Difusión Cultural.

Pódese consultar a totalidade do proxecto baixando o seguinte PDF (contén a iniciativa enviada á Creación e Difusión Cultural para solicitar a axuda parcial)