Sesión Musicoterapia José Manuel Tizón

13 mayo 2007

Dirixida por José Manuel Tizón, foi unha das actividades do proxecto de Audio HackLab ‘Escoitar.org’. O venres 4 de maio.

Noticia en Vigo Metropolitano

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) ofrecerá hoxe unha sesión de musicoterapia tradicional, dirixida polo terapeuta José Manuel Tizón, dentro das actividades do proxecto de Audio HackLab ‘Escoitar.org’.

Entre as 19 e 21 horas, 50 persoas poderán restaurar, potenciar ou manter o seu funcionamento físico, emocional, cognitivo ou social. Tizón integra no seu labor a música, a psicoloxía e a pedagoxía nun marco teórico e nunha metodoloxía de traballo. Este tipo de terapia pode complementarse con outras modalidades terapéuticas, como a logopedia, a terapia ocupacional, a fisioterapia ou a psicomotricidade.

O programa desta sesión inclúe un laboratorio de audio para percibir o nacemento do ser humano, un laboratorio de audiovisual con proxeccións sobre o efecto invernadeiro, a percepción do que o cerebro ve pero a persoa non, terapias de son con bailes, e un concerto de música ambiental, coa colaboración do compositor Carlos Suárez.

Música como terapia

A musicoterapia consiste no uso da música dentro dunha estructura organizada de traballo cun fin terapéutico, e co obxectivo de restaurar, potenciar ou manter o funcionamento físico, emocional, cognitivo ou social das persoas. É exercida por un profesional cualificado, denominado musicoterapeuta, que integra áreas tan diversas como música, psicoloxía e pedagoxía nun marco teórico e nunha metodoloxía de traballo. Incluída dentro das Terapias Creativas, en Estados Unidos recoñécese a existencia da musicoterapia como profesión desde 1950. Actualmente a musicoterapia estúdase no ámbito universitario en países como Alemaña, Reino Unido, Brasil, Arxentina, Chile e Estados Unidos, entre outros.

A musicoterapia pode ser un tipo de terapia en si mesma, aínda que o seu carácter interdisciplinar ou de terapia auxiliar favorece a súa integración con outras modalidades terapéuticas (logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia ou psicomotricidade). A musicoterapia ten unha concepción da música moi ampla e non distingue entre boa e mala música. Dende o punto de vista da musicoterapia calquera persoa pode facer música, incluso sen ter ningún tipo de educación musical. Os sons que faga esa persoa cun instrumento ou coa súa voz, son considerados expresión musical e tamén comunicación emocional que o musicoterapeuta debe comprender e non xulgar como de maior ou menor calidade.

VIDEO