Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social e armas acústicas. Taller en A Coruña

24 septiembre 2009

O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas). Construirase un Mosquito e instalarase nunha zona de botellón da cidade. Apúntate!, é de balde…

TALLER/SEMINARIO “SON E PODER. TECNOLOXÍAS SONORAS DE CONTROL SOCIAL”
por Escoitar.org, Dirección: Chiu Longina

MATRÍCULA GRATUITA! (ver máis abaixo)

O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas). Será prioritario proporcionar unha aproximación conceptual ao tema e ilustrar a súa aplicación con experiencias e material audio-visual, analizando o impacto e efectismo destas tecnoloxías ou os seus usos e abusos. Todo iso discutindo e intercambiando experiencias que contribúan á análise do efecto do son na existencia humana e propiciando ferramentas para unha análise crítica sobre este fenómeno. O tema abordarase desde varias perspectivas: económica, sociolóxica, histórica, artística, filosófica e política. Interesa tamén fomentar a discusión activa en torno a estas novas tecnoloxías aplicadas á práctica artística contemporánea, para iso mostraranse propostas de artistas no panorama internacional.

O taller ten unha duración de 5 días en xornadas de tarde. As sesións inclúen desenvolvementos e reflexións teóricas, aspectos prácticos, presentacións de proxectos (en formato audio-visual) e outros elementos multimedia que permitan aos asistentes experimentar a intanxibilidade e esencia inmaterial do son, a un tempo que o seu poder como arma e moldeador de emocións, para iso empregarase in situ algunhas destas tecnoloxías.

No taller construirase un “Mosquito”, un dispositivo sonoro que emite un son intermitente de alta frecuencia que só poden escoitar os menores de 28-30 anos. Este tipo de dispositivos foron instalados en Gran Bretaña para evitar as reunións de adolescentes en espazos públicos (Botellón, por exemplo), e prohibidos posteriormente en paises como Francia ou Bélxica. O seu son produce unha irritación aguda nos oídos dos xóvenes que os maiores non o poden escoitar debido a un fenómeno natural coñecido co nome de Presbicusia (avellentamento do oído que produce unha falta de sensibilidade as frecuencias altas). O dispositivo causou profundo debate naquel país e Escoitar.org neste taller instalará un Mosquito nunha zona da cidade coñecida polos botellóns que ali se fan, un xesto artístico que pretende xenerar un debate necesario para falar de brecha entre adolescentes e adultos que empeza a ser un problema preocupante tamén no noso país.

DIRIXIDO A:
Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.

FICHA TÉCNICA
Lugar: Concello de A Coruña (Praza María Pita, 1)
Imparte: Escoitar.org (proxecto para a difusión e promoción da escoita crítica e activa).
Profesores: Chiu Longina (dirección, antropólogo e artista sonoro), Juan-Gil López (musicólogo e teórico da escoita) e Berio Molina (programador e artista sonoro)
Datas: do 5 ao 9 de outubro (luns a venres de 16.30 a 20.30h.)
Max. Alumnos: 20
Idiomas: Galego/Castellano (principal). Admítense alumnos para idioma Inglés ou Portugués.
Matrícula: descarga este documento e envia adxunto por e-mail á dirección indicada ou tamén a «chiulongina@gmail.com»

MÁIS INFORMACIÓN
Páxina Web do taller: http://www.artesonoro.org/sonicweapons/index.php
Información detallada do seminario (en pdf):http://www.escoitar.org/taller_outonarte.pdf
Entrevista a Chiu Longina sobre o tema do taller, por Meritxell Martínez i Pauné: http://www.longina.com/pdf/control_social_con_sonido_lamalla_maritxell.pdf

FOTOGRAFÍAS PARA PRENSA
Foto1
Foto2

DESCARGAR PDF CON TODA A INFORMACIÓN

DESCARGAR FOLLA INSCRICIÓN