Afiador

Aquí podemos escoitar a un representante do vello oficio de afiador desenvolvendo seu traballo pola cidade de Lugo, por desgracia no tempo en que vivimos este tipo de sons e oficios están desaparecendo das nosas vidas.

Gravación obtida a mañá o 22 de xuño de 2012 cunha gravadora dixital Sony. Podemos escoitar as voces dos clientes mentras o afiador afía na pedra da sua bicicleta un coitelo. Cando remata segue o seu percorrido polas rúas anunciándose co son da súa frauta e os seus berros.