antonxxl dende Santiago
Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro. 3 menos cinco da madrugada. A praza está case deserta. Uns pasos acércanse. O ruido das cordas das bandeiras contra os mástiles é un dos poucos ruidos que, aparte dos pasos, rompen co silenzo. As tres, o reloxío da berenguela atrona o espazo sonoro coas súas badaladas. Trala última todo queda igual. Só se escoitan as cordas das bandeiras e unhas follas que corren polo chan.
zoom H2