Ascensores Fundación Caixa Galicia

Nos cantones á altura da sede da fundación de Caixa Galicia, aparece un invitado «extraño» na paisaxe sonora. Aparte dos ruidos da xente falando e paseando, e do pasar do tráfico, o espectro agudo aparece enchido por un chirriar mecanico e continuo a intervalos regulares: Son os ascensores externos da fundación que ao subir e baixar producen ese chirrido.

Grabado cun ZOOM H2 cos microfonos estereo internos que están en posición de 120 grados.