Barco acompañado dunha tonalidade e moscas en Chouzán

O lugar da toma está nun camiño que baixa pola igrexa de San Estevo de Chouzán cara ao río Miño.

Forma parte do conxunto de gravacións que fixemos no taller de Irene Kopelman xunto a Andrea Dávila, Carla Souto e Marina González en Boán Uno, da man da Fundación María José Jove.

A gravación foi tomada o sábado 30 de outubro de 2021 ás 17.53h

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6