Cacerolada contra o rei emérito Juan Carlos o 18 de marzo de 2020
O 18 de marzo convocouse unha cacerolada para pedir que se obrigase ao rei emérito Juan Carlos a donar á sanidade pública o diñeiro que recibiu de Arabia Saudí en paraísos fiscais. A convocatoria foi programada para as 21,00h, logo dos aplausos que todos os días tiñan lugar nos balcóns das vivendas unha hora antes, durante o tempo que durou o estado de alarma provocado pola pandemia da COVID-19, que obrigou ao confinamento de todos os veciños.
A gravación foi tomada dende unha ventá da Avda. Rodríguez de Viguri en Santiago de Compostela ás 21,20h.
Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6