Cariño – Porto de Cariño
Serie Sons da Costa Cariño – Porto de Cariño O motor dalgunha embarcación zoa a ralente enchendo o ambiente de graves profundos, mentres, no embaixo, e case imperceptibles os agudos producidos polo bater das ondas contra os cascos das lanchas. De cando en vez, aparecen os motores dalgunha outra embarcación, construindo armónicos de graves que producen diafonías que chegan a maravillar. A megafonía escupe algún aviso cos seus medios. Os operarios, sen avisar, aparecen tamén traballando nos seus asuntos, richando e aportando o seu ganiño na paisaxe sonora. De cando en vez, o chiar dalgunha gaivota recordanos que tamen hai vida animal nos portos. Paisaxe industrial rico e calmo, dunha pequena vila pesqueira da costa galega.
Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os micros internos traseiros.