Praza de Rivadavia dende un terceiro piso
Rivadavia – Praza de Rivadavia dende un terceiro piso.
Esta gravación corresponde a outra toma da praza feita por Horacio, pero neste caso desde un terceiro piso, o que cambia notablemente a nosa percepción das resonancias do espazo. A altura á que foi feita esta toma permítenos escoitar un son moi curioso, unha especie de bordón agudo e continuo que corresponde aos grilos que trinan na distancia.
Tascam HD-P2 Rode NT-4