Carlos Suárez dende Vigo

Venezuela – Flautas Yapurutu frente ó río.

Este é unha paisaxe desolada, antes cuberta pola densa capa vexetal da selva, agora só é o árido areal no que o converteron os mineiros que buscan o diamante. Sen embargo pode escoitarse no son do río e as frautas sagradas dos Guarequena. Esta cultura garda as súas frautas baixo o auga, alí, na morada dos espíritos, permanecen ata que se reinicia o ciclo ritual onde deixan escoitar o seu máxico son. A festa de Dabukurí é unha desas ocasiones, e coincide co tempo de colleita, recolección e pesca. A festa foi instituida en tempos remotos por Nápiruli “o creador”, e os Guarequenas celébrana como unha conmemoración do seu paso benfeitor polo mundo, pois o seu poder espiritual é o que propicia a abundancia e sustenta a vida. As melodías constrúense pola alternancia das notas das dúas frautas, e metaforizan a incesante dialéctica dos principios masculino e feminino, o son mesmo da vida que o creador botou a andar, e que nós debemos preservar pese á inconmensurable complexidade do seu misterio.

Micrófono stereo Sony EMC-MS957

DAT Sony