Carral – Praza do pobo
Serie Madrugando. Carral. Pasan algo das sete e media da maña un día de semana. Algo recollidos da rúa principal a tranquilidade é total. Algún paxariño saudando o novo día contrasta co continuo ronronear dos autos que a esta hora xa circulan pola estrada. Algunha actividade humana de inicio de xornada: voces, persianas que se abren… coches que aparcan… Comezo de xornada na vila de carral.
Gravación realizada cos microfonos internos dunha videocamara domestica Panasonic NV-GS27. O formato de recollida foi miniDV co audio a 48.000 Hz e 16 bits en estereo. Transferiuse posteriormente de xeito dixital a un equipo Wintel para o seu postprocesado. Renderizouse a mp3 co lame empregando o preset