Cova do Castelo da Furna. Cova exterior. Zoadeiras

Exterior da cova do Castelo da Furna.
Hora: 13:05
Data: domingo, 20 de agosto de 2023.

Gravación nunha cova exterior. Tocouse unha zoadeira de madeira.

«Atopáronse [zoadeiras] vestixios prehistóricos en múltiples xacementos sendo o primeiro en recoñecerse un exemplar recuperado na cova de La Roche de Briol, en Lalinde (Dordoña)»
(Xoán-Xil López, Mauro Sanín. Abellón. O libro negro das zoadeiras. 2019 aCentral Folque)

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, José Bernardino Costas Goberna,  José Miguel López Mosquera «Zrus», Tereixa Otero Dacosta, María Luz Coto, Alberto Romero «Romer» e Irma Castiñeira Martínez do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid, Ramón Almuinha, Xoán-Xil e Berio Molina do Colectivo Rupestre Sonoro. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6