Cova do Castelo da Furna. Cova extrerior. Golpes

Cova exterior de Castelo da Furna.
Hora: 13:14
Data: domingo, 20 de agosto de 2023.

Gravación dos golpes dunha pedra. Cara ao final da cova había unha pedra rectangular no chan. Ao pisala facía un ruído que chamaba a atención porque tiña máis corpo que outras que tamén había polo solo.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, José Bernardino Costas Goberna,  José Miguel López Mosquera «Zrus», Tereixa Otero Dacosta, María Luz Coto, Alberto Romero «Romer» e Irma Castiñeira Martínez do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid, Ramón Almuinha, Xoán-Xil e Berio Molina do Colectivo Rupestre Sonoro. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6