Cova do Castelo da Furna. Sala A. Pingas 2

Interior da cova do Castelo da Furna.
Hora: 14:21
Data: domingo, 20 de agosto de 2023.

Gravación do interior da cova, nunha sala moi illada na que só se escoitaba o ruído das múltiples pingas de auga ao bater contra o chan. Os micrófonos foron colocados en sitios moi alonxados. Un no fondo da sala e o outro ao comezo, a carón dunha pedra que recibía unha pinga, de aí eses golpes máis graves que se escoitan.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, José Bernardino Costas Goberna,  José Miguel López Mosquera «Zrus», Tereixa Otero Dacosta, María Luz Coto, Alberto Romero «Romer» e Irma Castiñeira Martínez do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid, Ramón Almuinha, Xoán-Xil e Berio Molina do Colectivo Rupestre Sonoro. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6.