Cova do Castelo da Furna. Silencio en cova exterior

Cova exterior de Castelo da Furna.
Hora: 13:18
Data: domingo, 20 de agosto de 2023.

Gravación do silencio da cova. Ao ser aberta ao exterior escoitase un avión e varias moscas. A frecuencia de voos pola zona é bastante alta polo que é frecuente que se cole o seu ruxir en gravacións longas. O son das moscas aparecen en varias gravacións das covas, tanto nas exteriores como nas interiores (cando a toma estaba próxima á saída). Precisamente moi perto da gravación atopábase o Mosqueiro, un abrigueiro para animais.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, José Bernardino Costas Goberna,  José Miguel López Mosquera «Zrus», Tereixa Otero Dacosta, María Luz Coto, Alberto Romero «Romer» e Irma Castiñeira Martínez do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid, Ramón Almuinha, Xoán-Xil e Berio Molina do Colectivo Rupestre Sonoro. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Xavier Groba.

Baixar en boa calidade

Micrófonos Line Audio CM3 e gravadora Fostex FR-2LE