Cee – Ponte sobre a Ria de Lires

Serie Sons da Costa
Cee – Ponte sobre a Ría de Lires
O rio pasa calmo por baixo dunha pequena ponte pouco transitada. Baixo dela, os peixes saltan de cando en vez, salpicando a paisaxe de agudos acuosos. Mentres, no exterior, os grilos son os amos, cantando aquí e acolá, entonando cantares que parecen acompañar o mecer dos pinos polo vento. De cando en vez algún coche pasa, pero paseniño, como sen querer molestar. Tamén os cans e algún galo da aldeiña de Lires faise notar. Algún mirlo… Tranquilidade e beleza na paisaxe sonora, a beira dun rio, moi cerca do mar, neste pequeno paraiso a resguardo dos temporais da costa da morte e que dá abrigo aos peregrinos de Santiago.

Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os seus micros internos traseiros.