Chantada – Chove…

Chove…

Cae a auga na zona vella de Chantada. é a ultima hora da tarde. A xente volve para a sua casa, alguns andando, outros en coche. Sempre tentando non mollarse. Pasa algun coche, outro… outro maís… contados: a zona vella non é sitio pos coches. Chove, chove, chove e chove. Repinica a auga ao caer sobre a pedra das casas, das aceras, da calle e dos tellados. Chove, chove, chove, chove moito…

Gravación realizada cos microfonos internos dunha videocamara domestica. Formato miniDV (48KHz., 16 bits, stereo). Transferida dixitalmente a unha estación de traballo de audio. Postproducida con soundForge. Comprimida en mp3 co lame.

A gravación presenta alguns problemas de toma debido a que non se empregaron papaventos e a que o compresor interno da videocamara empregada na toma ten problemas para tratar os niveles altos de señal, o que produce unha distorsión na mesma.