Coruña – Procesión dos caladiños – Arranque da procesión

A procesión dos caladiños sae dende a igrexa da orden tercera, sen montar espolio, sen barullo, case, case, sen saberse que está ahi. Todo o mundo caladiiiiño, caladiiiiño. Menos os mestres (e mestras, que algunha hai): cofrades, que andan a dirixir a saida da procesión de arriba para abaixo. Destaca tamén, entre tanto silencio, o taconear das Marías contra o empedrado da praza onde sae a procesión, ou o bamboleo da madeira do paso e o tintinear das suas lámparas cando pasa ao carón do noso micro indiscreto.

Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os 4 micros internos de xeito simultaneo.