Cova da Laghoa. Toma dende o medio da cova

Lugar: Cova da Laghoa.
Hora: 18:35
Data: domingo, 13 de agosto de 2023

Toma dende a zona media da cova. A gran bóveda da Laghoa recolle a intimidade do seu interior, as pingas de auga, e a reverberación dos coches que veñen do exterior. Prodúcese un contraste moi forte entre os ruídos dos dous espazos.

A captura realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, Miguel, Trus, Tereixa, Jose e  do Clube Espeleolóxico Maúxo e Xoán-Xil López e Berio Molina. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6