Cova de Ceza. O Courel. Cascada interior con xeófono no chan

Gravación no interior da Cova de Ceza.
Hora: 15:01
Data: domingo, 8 de agosto de 2023.

Toda a cova é percorrida pola auga que vén dunha lagoa subterránea e que ao saír vai dar ao lavadoiro de Ceza.
O son do fluxo da auga está presente en todo momento e chega a soar moi forte arredor dos numerosos saltos.
Esta toma está recollida na cascada que hai antes de acceder á lagoa final. Empregouse un xeófono cravado no chan ao carón da cascada.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Miguel, Trus e Tereixa do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid e Ramón Almuinha. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Micrófono Geofon e gravadora zoom H6