Cova de Ceza. O Courel. Entrada

Gravación no interior da Cova de Ceza. Toma ao pouco de entrar.
Hora: 13:07.
Data: domingo, 8 de agosto de 2023.

Toda a cova é percorrida pola auga que vén dunha lagoa subterránea e que ao saír vai dar ao lavadoiro de Ceza.
O son do fluxo da auga está presente en todo momento e chega a soar moi forte arredor dos numerosos saltos.
Nesta toma un dos micrófonos está colocado cerca dunha goteira e a outro nun espazo máis aberto.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Miguel García García, Zrus (José Miguel López Mosquera) e Tereixa Otero Dacosta do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid e Ramón Almuinha. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Gravación no interior da Cova de Ceza. Toma ao pouco de entrar. Hora: 13:07. Data: domingo, 8 de agosto de 2023. Toda a cova é percorrida pola auga que vén dunha lagoa subterránea e que ao saír vai dar ao lavadoiro de Ceza. O son do fluxo da auga está presente en todo momento e…