Cova de Ceza. O Courel. Primeiro tramo

Lugar: interior da Cova de Ceza. Toma ao pouco de entrar.
Hora: 13:37
Data: domingo, 8 de agosto de 2023.

Toda a cova é percorrida pola auga que vén dunha lagoa subterránea e que ao saír vai dar ao lavadoiro de Ceza.
O son do fluxo da auga está presente en todo momento e chega a soar moi forte arredor dos numerosos saltos.
Nesta toma un dos micrófonos está colocado no interior dunha cavidade da parede, de aí que teña as frecuencias filtradas e que se aprecie certa coloración.  O outro colocouse nun espazo máis aberto e soa noutra tonalidade.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Miguel García García, Zrus (José Miguel López Mosquera) e Tereixa Otero Dacosta do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid e Ramón Almuinha. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6