Covas do Folón. Boca do Pozo da Ra

Lugar: Covas do Folón. Boca do Pozo da Ra. Exterior
Hora: 12:25
Data: domingo, 13 de agosto de 2023

Toma no exterior da cova, nunha das bocas polas que o río se precipita dentro dela. Fixemos dúas gravacións no lugar, a outra con hidrófonos.

A captura realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, Miguel, Trus, Tereixa, Jose e  do Clube Espeleolóxico Maúxo e Xoán-Xil López e Berio Molina. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.
A fotografía é de Alba Cid.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6