Covas do Folón. Cova grande. Toma con hidrófonos

Cova grande
Hora: 13:30
Data: domingo, 13 de agosto de 2023.

Interior da cova grande. O ruído da auga cubre a estancia con matices dos pequenos saltos que vai facendo o granito. Os hidrófonos atópanse sumerxidos en diferentes puntos do fluxo da auga.

A gravación realizouse para a curta «Furada Negra» con Xavier Groba, José Bernardino Costas Goberna,  José Miguel López Mosquera «Zrus», Tereixa Otero Dacosta, Miguel García García e María Concepción Álvarez González do Clube Espeleolóxico Maúxo e Xoán-Xil e Berio Molina do Colectivo Rupestre Sonoro. A partir da publicación do libro «O Tesouro Espeleolóxico Galego» de aCentral Folque.

Fotografía de Xavier Groba.

Baixar en boa calidade

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6