culturagalega.org dende Santiago

O obradoiro desde a Biblioteca do Consello da Cultura A campá marca o cuarto das dúas. Marcha un coche do Concello desde diante do Pazo de Raxoi. Un trío de señoras maiores atravesa a praza de vagar, de sur a norte, e a pasar polo centro. Há peregrinos que chegan aos poucos. Ningún músico toca no arco. A certa altura, pasa un empregado de correos co seu carriño, e desde a rúa de Fonseca entra un coche de policía que enfía por diante do hostal dos reis católicos. Onda os vehículos (negros e caros) que están diante do edificio, un home de traxe fala ben alto polo seu teléfono móbil, e case se lle pode ouvir desde este segundo andar. Algo por detrás del, unha parella de policías locais, conversan entre eles ata que aparece unha parella (home e muller) cun cadelo que se integran do debate. As señoras acaban de cruzar a praza.

Olympus DVR DS-2300 Micrófono integrado.