Espadelando o liño

O espadelado do liño consiste en afíalo para separar a parte que interesa da planta da que non serve para elaborar os fíos e as telas. No son producido destaca o rascar do liño cando a espadeleira pasa por riba del. Tamén o golpear das dúas pezas de madeira cando se colle pouco liño de por medio, que produce un golpe seco, resulta moi característico. O rinchar agudo que se escoita en cada golpe é producido polo taburete onde, nesta toma en concreto, estaba apoiada a táboa de espadelar.

Gravada cun gravador TASCAM HD-P2 empregando uns microfonos RODE-NT4