Fereixinde – Montecelo – Renda

Renda, nas beiras do montecelo. A primeira hora da maña, os paxaros dominan a paisaxe sonora. sona algún motoriño ao lonxe, pero que non pode competir cos cantos das aves. De cando en vez, chegan os ecos dalgún camión pasando a toda pastilla pola autovía, deixando os graves cheos de bruares mecánicos. Os paxaros, tanto lles ten, cantan e cantan alegres saudando a maña, xa acostumados a ser viciños do progreso dos seres humanos.

Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2, empregando os 4 micros internos. Editado e mixturado en Ardour. Renderizado a mp3 empregando o Lame.