Fereixinde – Pedra de San Lourenzo

Pedra de San Lourenzo. O canto dos paxaros domina a paisaxe sonora ao caron desta máxica pedra. De todos os tipos, timbres, colores e intensidades. Ao lonxe, tímidamente, o motor dalgún vehículo parece querer romper a uniformidade de sons naturais. Algún panadeiro co seu claxon avisa a clientela, e recordanos que non moi lonxe de aqui hai civilización. Ao cabo dun tempo, o arranque dun motor dun xenerador de corriente, fai esta maís presente, que acaba de ser obvia co bruar dunha motocicleta.

Gravado cunha gravadora portatil Zoom H2 empregando os 4 micros internos simultaneamente. Editado e mixturado a estereo nunha estación de traballo Ardour. Renderizado a mp3 empregrando o lame.