Láncara – Ponte de Carracedo

Cara da ponte de augas arriba. O Neira pasa moi calmo, nin tan sequera se sinte. Temos que poñer o oído moi, moi atento, para escoitar os graves dos borbollons da auga ao pasar. Os paxaros cantando alegres dominan esta paisaxe. De cando en vez, os vehículos pasan pola ponte nova, xa que hai tempo que a vella é peatonal… recórdanos que estamos na civilización, rodeados de sons naturais.

Gravado cunha Tascam HD-P2 empregando un micro Rode NT-4