Láncara – Ponte de Carracedo 7

Na beira esquerda da ponte, sentido rio abaixo, sentimos os agudos da choiva ao caer na terra. Un paxaro cantarín parece non importarlle mollarse, e segue a cantar como se non chovera. De repente, a choiva amaina, deixando ao descuberto os graves provocados polo correr do rio, que doutro xeito resultan inaudibles. De fondo o correr dos motores da civilización moderna. De cando en cando, un can e algunha galiña… Marcas que indican claramente, que a civilización non está tan lonxe. De repente, pouco a pouco, un paseante falando polo seu telefono movil, acompañado por unha mosca traviesa. Cousas da vida!!!. Volve a auga a caer, perdemos o rio… Paisaxe sonora dinamica ao caron dunha vella ponte.

Gravado cunha Tascam HD-P2 empregando un micro Rode NT-4